Guía de tallas
Medidas reais de cada peza, en centímetros. Escolle o tipo e compara cunha camiseta que xa teñas.
Adulto · unisex
Gildan 64000 Softstyle®| Talla | Longo (cm) | Ancho peito (cm) |
|---|---|---|
| S | 71 | 46 |
| M | 74 | 51 |
| L | 76 | 56 |
| XL | 79 | 61 |
| 2XL | 81 | 66 |
| 3XL | 84 | 71 |
Corte unisex regular. Se dubidas entre dúas, a unisex tende a quedar folgada: escolle a menor para un axuste cinguido.
Como medir para acertar
- 1Colle unha camiseta que che quede ben
Unha que xa teñas e che vaia como che gusta. Ponaa estirada sobre unha mesa, sen engurras.
- 2Mide o ancho de peito
De axila a axila, en liña recta. Ese é o «Ancho peito» da táboa (medio contorno).
- 3Mide o longo
Desde o punto máis alto do ombreiro (xunto ao pescozo) ata o baixo. Ese é o «Longo».
- 4Compara coa táboa
Escolle a talla máis próxima. Tolerancia de fabricación ±3 cm aprox.
Segues con dúbidas?
Escríbenos e axudámoste a escoller. E lembra: o importante vai detrás do QR — a talla é só para que che sente de luxo.